Skip to content

QUEN SOMOS

APIS NOVA é unha iniciativa de Davide Antón Outeiro Castiñeira, veterinario e apicultor, natural de Abegondo (A Coruña), que se asenta na Baixa Limia – Serra do Xurés (Ourense), onde entra en contacto coa apicultura. Unha produción que se presenta como o medio idóneo onde aplicar os seus coñecementos e experiencia.

Licenciado en Medicina Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e pola Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD). Formador dos cursos de Aptitude Agraria da Xunta de Galicia. Técnico veterinario responsable de Programas Sanitarios das ADSG para ADSGESTIÓN de Guitiriz (Lugo), traballo que compatibiliza cos servizos veterinarios á empresa XAN, Xestión Agrogandeira e Natureza. En 2008 establécese como veterinario clínico independente en Ourense e Trás-Os-Montes (Portugal), e desde 2009 traballa para CELAVET en Celanova. En 2017 abandona o exercicio clínico para se dedicar por completo á apicultura e á formación en sanidade apícola.

Membro activo de diversas asociacións para a conservación do medio e o desenvolvemento rural. Actualmente dirixe o CITRAN (Centro para a Interpretación da Tracción Animal), en Requeixo de Grou (Lobios).
Con ampla participación en cursos, xornadas e obradoiros, das áreas veterinaria, ambiental e agropecuaria, como asistente e organizador.

MISIÓN, VISIÓN E VALORES

Producimos mel san e de calidade, recuperando a produtividade en áreas sensibles mediante técnicas e metodoloxías innovadoras. Isto todo garantindo o máximo rigor nos procesos e o máximo respecto polo medio e as abellas.

Pretendemos acceder a mercados en liña de mel de calidade, cumprindo cos requisitos de calidade e sanidade precisos.

Apis Nova preocúpase pola natureza e a tradición apícola de Galicia. Dependemos disto e traballamos con total rigor e transparencia para mantelas.

Por que APIS NOVA?

As nosas colmeas fican en paralelo á Vía Nova romana, que unía Bracara Augusta e Asturica Augusta. Entre a fronteira de Portela de Homem (Lobios) e a vila de Celanova, polo Camiño de San Rosendo, seguindo o curso do río Limia aos pés da serra do Laboreiro.
A nosa situación é a que torna o mel Apis Nova un produto singular e natural.
Co noso nome, pretendemos evocar esa localización e ese pasado, así como nacer cunha nova visión da produción apícola.
Estas premisas marcarán o desenvolvemento da nosa imaxe e da nosa marca.

Que imos vender?

O noso mel é un produto de altísima calidade, quer desde o punto de vista analítico, que do organoléptico.
Somos unha empresa especialmente preocupada polo control sanitario e pola produción integrada, libre de tóxicos e producida nunha contorna libre de contaminación ambiental. En Apis Nova posuímos un alto nivel técnico e un «saber facer» en produción apícola. A nosa cualificación permítenos obter un produto de máxima calidade, preservar a contorna de produción e manter abellas sas, a base da nosa empresa. Para manter este talento, formarémonos e reciclaremos constantemente. Transmitirémoslles ditos coñecementos ao noso cadro de persoal e procuraremos ter ao noso carón os profesionais mellor formados.
Como obxectivo inmediato, pretendemos acceder ao mercado en liña. Procuraremos satisfacer as necesidades dos nosos clientes e acceder a novas canles, e así ampliaremos a oferta e posibles mercados. Para iso, estudaremos as características específicas por canles (certificacións, formatos, cultura…) e indagaremos, consultando de forma directa (a través de promocións, correos, etc.) e a través da distribución e estudos sectoriais. Desta forma manteremos estreitas ligazóns cos nosos clientes e melloraremos día a día o servizo para confeccionarmos un produto «á medida».